A profe explicounos que para Xogar a Pensar con Juanita tíñamos que estar sentados en círculo. Fixemos unha roda collidos da man e logo sentamos. E por que en círculo? Porque así podíamos vernos mellor (fixemos a comprobación e vimos que cada un podía ver perfectamente a todos os compañeiros desde a súa posición) para falar. Porque para xogar a pensar íamos ter que falar. Pero para poder falar a gusto e ben, tíñamos que respectar unhas normas: o que quixera falar tiña que erguer a man e esperar que lle tocara. E cando un compañeiro estivera falando, tíñamos que estar caladiños e escoitar coas orellas ben atentas. Non se podía interrumpir ao que falaba e había que ser paciente e agardar que nos tocara a nós falar.
Aquí está o resumo das normas para Xogar a Pensar:
E que será iso de Xogar a Pensar?, preguntou a profe. E nós, levantando a man e intentando agardar o noso turno e escoitar ao compañeiro, fomos dicindo:
- Pensar es una cosa en que si alguien le pegó a otro, o rompió un juguete,...
- Pensar un muñeco.
- En si rompemos un coche.
- Xogar a pensar é arreglar unha cousa.
- Si te cae una cosa y te rompe, la arreglas con tiritas y eso es jugar a pensar.
Entón apareceu a xoaniña Juanita e a profe contounos que como acababa de chegar non nos coñecía nin sabía os nosos nomes así que nos fomos presentando de un en un facéndolle coxeguiñas na barriguiña, que a Juanita gústalle moito que llas fagan, igual que a nós.
Logo a profe contounos que Juanita fora o outro día á praia e que atopara unhas pedras redondiñas e que se lle parecían moito a ela porque ela tamén é redondiña. E que se lle ocurriu coller algunhas e traérnolas para que cada un a pintara e fixera a súa propia xoaniña Juanita. A nós pareceunos unha idea estupenda, entón tivemos que fixarnos moito nas cores de Juanita: negra e vermella. Queríamos poñernos mans á obra canto antes así que nos despedimos de Juanita, que nos prometeu voltar outro día e traernos un conto e pintamos as nosas xoaniñas primeiro coa cor vermella. Agora quedaron a secar e o vindeiro luns miraremos a ver se xa están secas. Logo virá a cor negra. Ata pronto, Juanita!! Esperamos que voltes a visitarnos moi pronto e xa teñamos as nosas xoaniñas pintadas para que poidas velas!!
Encantoume a sesión!! QUE IMPORTANTE É DESENVOLVER AS HABILIDADES DE PENSAMENTO!!! Seguro que Juanita fará grandes amigos nesta aula.
ResponderEliminarUn saúdo. Raquel
Parabens de novo pola sesión e polo blogue! Cantas cousas fan estes nenos de Ribadumia!! Bicos e apertas dos nenos e nenas de 3 anos da clase das Bolboretas de Carrio, en Bergondo!
Eliminarunha boa idea para desarrollar o pensamento
ResponderEliminarque sorte que os nosos fillos poidan contar cun grupo de profesores tan
ResponderEliminargrande en todolos sentidos. No nome de Anxo e no dos seus pais.GRAAAAAACIIIIIIAAAAAAAAAAASSSSSSS