lunes, 15 de octubre de 2012

domingo, 14 de octubre de 2012

O PELELLIÑO PANTASMA

Aproveitando que andamos a coñecer monstros e seres que dan medo (e risa!), o xoves pasado veunos visitar un novo Pelelliño: O PELELLIÑO PANTASMA. Este Pelelliño vive nun castelo e non quería asustarnos, só xogar!! Pero como é unha pantasma, o único que sabe dicir é UUUUUUUUUU, por iso os outros Pelelliños non o entendían. Ao final acabaron xogando todos xuntos ás agachadas!!




miércoles, 10 de octubre de 2012

CANDO CHOVE

Cando chove, no cole non podemos saír á hora do recreo e estamos como sardiñas en lata. Necesitamos airearnos, correr, columpiarnos, xogar coa area... pero ás veces as condicións meteorolóxicas e o non ter patio cuberto nolo impiden. As alternativas que nos quedan son ver unha peli, ler un conto, xogar na aula, facer un debuxo...
 
 

 
 
 

O NOSO NOME



Hoxe xogamos cos nosos nomes e as nosas fotos. Primeiro vimos cal era a inicial do noso nome nuns carteis que fixo a profe para poñer no corcho. Temos: A, C, F, G, I, J, L, N, P, S, W, Y. Moita variedade! Logo xogamos a adiviñar de quen era o nome de cada tarxeta comparando cos carteis. E fixémolo moi ben! A continuación mesturamos todas as tarxetas, había que elixir unha, adiviñar de quen era o nome e darllo ao seu dono. E para rematar, Wences propuxo facer un tren con todos os nomes e as fotos a ver ata onde chegaba. Gustounos a idea e nos bancos fomos poñendo por un lado as fotos e polo outro os nomes. Fixemos trens longuísimos que chocaban e todo!! Á hora de recoller cada un tiña que coller o seu nome e a súa foto para gardar na caixa. Pasámolo moi ben!

martes, 9 de octubre de 2012

O ESQUELETO

No BAÚL DOS MONSTROS atopamos hoxe un ESQUELETO moi particular: OSIÑOS, que quere ser futbolista. A súa teima cústalle unha perna rota pero a súa familia axiña atopará unha solución ao seu problema.
 
O ESQUELETO é un dos 10 títulos da colección O BAÚL DOS MONSTROS da Editorial Baía. Picade aquí se queredes ler máis información.

viernes, 5 de octubre de 2012

BIBLIOTECA DE AULA

 Hoxe comezamos co empréstito da BIBLIOTECA DE AULA. Cada venres, levaremos nas carpetas de broche o conto que nos guste do cole para ler na casa. Os de 4 anos levamos tamén un caderno: OS LIBROS QUE LEO, no que na nosa casa, coa axuda das nosas familias, escribiremos o título do conto que levamos e a data, ademais de comentar se o conto nos gustou moito, pouco ou nada e facer un debuxo.
 
DESFRUTADE MOITO LENDO!!!!!

jueves, 4 de octubre de 2012

COÑECENDO A FÉLIX

Vós sabedes quen é FÉLIX? Non? Se botades un ollo ao noso blogue, veredes que o curso pasado coñecimos a FÉLIX, a lebre de peluche de Sofía, que se perdeu no aeroporto de volta á casa dunhas vacacións e acabou viaxando polo mundo. Desde cada lugar que visita vai mandando cartas contando as súas aventuras. E nós imos coñecendo grazas a el cidades e países. Diferentes mapas, lugares, culturas, gastronomías, xentes, costumes...irán aparecendo nas CARTAS DE FÉLIX. Nós xa estamos preparados para coñecer o seguinte destino. Collede a maleta que marchamos!!


 

CALENDARIO

Cada mañá traballamos o CALENDARIO nas rutinas. O encargado, que logo será o maquinista do noso tren, risca o día anterior e rodea o día no que estamos. Miramos que número é, en que día da semana estamos (lembramos que profes nos virán visitar e que merenda toca traer ese día), en que mes e en que ano. Tamén a estación na que nos atopamos e finalmente colocamos a nosa pegatina na escola. Todo isto a nivel oral na asemblea. Logo vén a parte escrita. Os de 4 anos temos un calendario mensual e ao acabalo facemos un resumo e traballamos o refrán do mes!




TEMPO DE OUTONO

Cando comezou o cole aínda estábamos no verán. Agora xa estamos no tempo de OUTONO: vai un pouco máis de frío polas mañáns, ás veces chove e non podemos saír ao patio, as árbores quedan sen follas, comemos froitos típicos desta estación,...
 
E no cole cantamos: Outono bonito, folliñas no chan. Castañas asadas, que ricas están!

miércoles, 3 de octubre de 2012

XOGANDO COA AREA

O noso areeiro non tiña case area e cando xogábamos coas pas e os caldeiros botábamola moito en falta. Hoxe por fin chegou o camión con dous sacos cheos. Faltounos tempo para ir carrexala. A verdade é que traballamos un montón. A profe cansou antes que nós!! Aprendimos moitas cousiñas co conto dos sacos de area: a agardar que nos tocara (ai, a paciencia, que pronto se perde!), a encher máis ou menos o caldeiro e ver que canto máis cheo máis nos pesaba e ao contrario, a axudar ao máis pequeno que non chegaba á parte de arriba do saco (algún pensaba que o saco estaba cheo de peixes!)... Pasámolo realmente ben!!


 
 

EL MONSTRUO DE LAS GALLETAS

Achéganse as festas do Samaín e do Magosto e con elas os monstros veñen de visita á nosa escola. O monstro das galletas fíxonos rir coa súa teima de comer cantas galletas atopa. Hoxe tocaba traer galletas para a merenda e menos mal que a ninguén se lle ocurriu convidalo...