miércoles, 10 de octubre de 2012

O NOSO NOME



Hoxe xogamos cos nosos nomes e as nosas fotos. Primeiro vimos cal era a inicial do noso nome nuns carteis que fixo a profe para poñer no corcho. Temos: A, C, F, G, I, J, L, N, P, S, W, Y. Moita variedade! Logo xogamos a adiviñar de quen era o nome de cada tarxeta comparando cos carteis. E fixémolo moi ben! A continuación mesturamos todas as tarxetas, había que elixir unha, adiviñar de quen era o nome e darllo ao seu dono. E para rematar, Wences propuxo facer un tren con todos os nomes e as fotos a ver ata onde chegaba. Gustounos a idea e nos bancos fomos poñendo por un lado as fotos e polo outro os nomes. Fixemos trens longuísimos que chocaban e todo!! Á hora de recoller cada un tiña que coller o seu nome e a súa foto para gardar na caixa. Pasámolo moi ben!

No hay comentarios:

Publicar un comentario