Mostrando entradas con la etiqueta ANIMACIÓN Á LECTURA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANIMACIÓN Á LECTURA. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de octubre de 2012

O PELELLIÑO PANTASMA

Aproveitando que andamos a coñecer monstros e seres que dan medo (e risa!), o xoves pasado veunos visitar un novo Pelelliño: O PELELLIÑO PANTASMA. Este Pelelliño vive nun castelo e non quería asustarnos, só xogar!! Pero como é unha pantasma, o único que sabe dicir é UUUUUUUUUU, por iso os outros Pelelliños non o entendían. Ao final acabaron xogando todos xuntos ás agachadas!!




martes, 9 de octubre de 2012

O ESQUELETO

No BAÚL DOS MONSTROS atopamos hoxe un ESQUELETO moi particular: OSIÑOS, que quere ser futbolista. A súa teima cústalle unha perna rota pero a súa familia axiña atopará unha solución ao seu problema.
 
O ESQUELETO é un dos 10 títulos da colección O BAÚL DOS MONSTROS da Editorial Baía. Picade aquí se queredes ler máis información.

viernes, 5 de octubre de 2012

BIBLIOTECA DE AULA

 Hoxe comezamos co empréstito da BIBLIOTECA DE AULA. Cada venres, levaremos nas carpetas de broche o conto que nos guste do cole para ler na casa. Os de 4 anos levamos tamén un caderno: OS LIBROS QUE LEO, no que na nosa casa, coa axuda das nosas familias, escribiremos o título do conto que levamos e a data, ademais de comentar se o conto nos gustou moito, pouco ou nada e facer un debuxo.
 
DESFRUTADE MOITO LENDO!!!!!

martes, 25 de septiembre de 2012

ZAPATOCAS

ZAPATOCAS é o nome da mascota da biblioteca de Leiro. Hoxe deunos a benvida, amosounos a biblioteca, deunos biquiños coas súas antenas de cores e contounos que nos ía emprestar os seus contos cada vez que fósemos visitalo. Nunha bolsiña azul co noso nome levamos cada un o conto que máis nos gustou para casa. Temos toda a semana, ata o vindeiro martes, para lelo en familia cantas veces queiramos. Hai que coidalo moito para que non se rompa, nin se manche e así devolvelo para que outro neno o poida levar. Desfrutade moito lendo!

 

viernes, 11 de mayo de 2012

HANS CHRISTIAN ANDERSEN


Ao noso cole chegou por sorpresa unha maleta azul. Que terá dentro? preguntámonos. A profe pensaba que tiña un crocodilo porque pesaba moito pero á maioría nos parecía que seguramente estaba chea de libros. Abrímola e...efectivamente!! Dentro había unha chea de libros e no peto unha chea de DVDs. Chamounos a atención unha foto dun home con algo escrito debaixo: era o seu nome e chamábase HANS CHRISTIAN ANDERSEN. Todos os contos que alí había estaban escritos por el. Lemos os títulos e había algún repetido. Decidimos comezar lendo todos os que atopamos do Parruliño feo e había 3 versións: nun libro grande, noutro mediano e noutro pequeno. Logo de lelas cada un escolleu a que máis lle gustou e a máis elixida foi a do libro grande, onde o parruliño feo acaba convertíndose nun belo cisne e namorándose dunha cisne femia. Ao acabar miramos os DVDs e tamén apareceu un co título do Parruliño feo!! Chamamos aos compañeiros da clase dos maiores e convidámolos a unha pequena sesión de cine que aceptaron encantados!!

Nos vindeiros días seguiremos lendo e aprendendo máis cousiñas de ANDERSEN...

lunes, 23 de abril de 2012

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO


Neste día do Libro, deixámosvos un vídeo con ilustracións de Arnal Ballester, onde nos dá varias razóns polas que é tan importante ler na casa cos nosos nenos e nenas. Non deixedes de velo...e non deixedes de ler con eles.

DÍA DO LIBRO

Hoxe é o Día do Libro e no cole celebrámolo lendo, coma todos os días. Dous contos que nos gustaron moito e que vos recomendamos.

O primeiro foi A ratiña presumida. Unha orixinal versión na que a ratiña é unha campaíña (Algúns comentarios durante a lectura: - Profe, a ratiña onde esta?; - Debe estar debaixo da campá; - Non, a ratiña é a campá...) e os demais personaxes van aparecendo con forma de diferentes instrumentos musicais. Podedes mirar o vídeo tamén.




E o outro foi Orellas de bolboreta, que tamén nos encantou.



E Mica e Parrulo tamén quixeron participar agasallándonos cun conto a cada un da súa historia: Mexo por min!, que levamos para casa.


lunes, 16 de abril de 2012

CONTOS QUE NOS GUSTAN...DE ANTÓN CORTIZAS


Deixámosvos tres contos de Antón Cortizas que nos gustan moito. Se picades nos títulos podedes ler as reseñas.







SOPRA NESTE FURADIÑO


FÉLIX CHEGA A ROMA




Á casa de Sofía chegou unha nova carta, esta vez desde ROMA. Da man de FÉLIX, durante o terceiro trimestre, iremos coñecendo a cidade eterna. Hoxe lembramos todas as cidades que leva visitado Félix desde que comezou a súa andaina viaxeira. E non esquecimos ningunha!!

domingo, 15 de abril de 2012

ABRIL, MES DOS LIBROS

O día 23 de abril celebrarase o Día do Libro. No cole gústanos moito contar contos e queremos compartir con vós algúns cos que máis temos desfrutado durante este curso. Pouco a pouco os iremos presentando no blogue. Hoxe tócalles a...O COELLIÑO BRANCO e A CEBRA CAMILA. Podedes ver os vídeos cos contacontos, que tamén os vimos no cole e gústannos ben!!









jueves, 29 de marzo de 2012

A PROFE MARÍA CÓNTANOS UN CONTO



Esta semana, a profe María contou na súa clase o conto: A MÁSCARA DO LEÓN. Tanto lles gustou que non dubidaron en recomendárnolo e nós convidámola a que nolo contara hoxe a nós.


Moitas grazas, profe María!! A nós tamén nos encantou!!

UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL: O PAPÁ DE PABLO

E tan especial!! Un contacontos: OS TRES PORQUIÑOS, en francés!! O papá de Pablo ofreceuse a contarnos un conto en francés, a lingua de Francia, aproveitando que estamos a aprender tanto deste país veciño. Todos atentos e caladiños, a ocasión merecíao, sentamos a escoitar... e quedamos abraiados!!









Ao final fixemos unha foto todos xuntos. Moitas grazas a Pablo e á súa familia por preparar con tanto agarimo o contacontos e por vir a contárnolo ao cole!! Quedamos encantados e estades convidados a voltar cando queirades!!

lunes, 26 de marzo de 2012

O XARDÍN DA POESÍA




Ollade como está quedando o Xardín da Poesía cos pétalos que van chegando cheos de poemas!! Que cousas tan bonitas saen cando traballamos en equipo...






jueves, 22 de marzo de 2012

CALENDARIO POÉTICO




Metidos de cheo no mundo da poesía, eliximos unha do libro POEMAS CON PIRULETA para que os seus versos acompañen cada mes do noso CALENDARIO POÉTICO: CURSO 2012-2013. A elixida foi: DESCENDENCIA, que fala das mamás e dos seus fillos, cunha sorpresa final. Pouquiño a pouco e tamén durante o terceiro trimestre, iremos argallando este calendario, levarémolo a casa a fin de curso e o gardaremos durante o verán para que en setembro, cando comece o novo curso, poida acompañarnos cada día nas nosas casas.


Este será o mes de SETEMBRO:


O mes de OUTUBRO:


Logo NOVEMBRO:


O mes de NADAL:






E no 2013, o mes de XANEIRO:



Logo FEBREIRO,



O mes de MARZO:




Logo ABRIL:

Segue MAIO:

E XUÑO:


E finalmente...os meses de XULLO  e AGOSTO. Bo verán!!!!