Hoxe é o Día do Libro e no cole celebrámolo lendo, coma todos os días. Dous contos que nos gustaron moito e que vos recomendamos.
O primeiro foi A ratiña presumida. Unha orixinal versión na que a ratiña é unha campaíña (Algúns comentarios durante a lectura: - Profe, a ratiña onde esta?; - Debe estar debaixo da campá; - Non, a ratiña é a campá...) e os demais personaxes van aparecendo con forma de diferentes instrumentos musicais. Podedes mirar o vídeo tamén.
E Mica e Parrulo tamén quixeron participar agasallándonos cun conto a cada un da súa historia: Mexo por min!, que levamos para casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario