Este era o título do libro viaxeiro que empezou a súa visita polas nosas casas aló por novembro do 2011. Tiveron que pasar case cinco meses para que MICA E PARRULO pasaran unha fin de semana na casa de cada amiguiño do cole. Hoxe o libro está rematado, forma parte da nosa biblioteca de aula e é un dos máis lidos. Un libro que recompila unha chea de experiencias con MICA E PARRULO na casa: xogos, cancións, novas amizades, viaxes, sonos compartidos,...tantas vivenzas que logo ao chegar ao cole estamos desexando contar aos compañeiros e facelos cómplices das nosas aventuras.
Moitas grazas a todas as familias por implicarvos tanto e tan ben nesta proposta (como en tantas outras!): polo voso tempo, polos vosos comentarios, polas fotos,...e polo cariño co que sempre colaborades. Mandámosvos a todas un bico moi grande:MMMMMUUUUA!!!!
Tedes o libro á vosa disposición no cole se queredes levalo a casa e miralo agora que está rematado.
gcias @s profes por facer q nos impliquemos
ResponderEliminar