miércoles, 18 de abril de 2012

ROMA, ITALIA, BOTAS E GATOS




Hoxe levamos unha nota para casa onde lles pedimos ás nosas familias que nos axuden a buscar material que teña que ver con ROMA: libros, DVDs, fotos, crebacabezas,...calquera cousiña que teñades e que nos poida valer para crear un recuncho no cole e seguir aprendendo con Félix.

Esta mañá aprendimos que ROMA é a capital de ITALIA. E mirando o mapa descubrimos que ITALIA é un país con forma de bota!!! Iso gustounos moito e pareceunos moi divertido!!! Logo veu a profe Ana e traía postas... unhas botas como ITALIA!


Tamén aprendimos algunha palabriña en italiano, a lingua que se fala en ITALIA. Isto foi por unha conversa que tivo Félix cun gato romano que o confundiu cun rato e non paraba de perseguilo. Buongiorno!! (Bo día!!) dicíalle o gato a Félix. Pero Félix non quería saber nada e contestáballe Arrivederci, que significa adeus. Estes gatos romanos van ter que poñer lentes!! Mira que confundir unha lebre cun rato...


No hay comentarios:

Publicar un comentario