martes, 28 de agosto de 2012

A VOLTA CICLISTA 2012






Mañá mércores 29 de agosto pasará a Volta ciclista por Ribadumia (máis ou menos entre as 13:15 e as 13:30 horas), moi pretiño da nosa escola. Neste enlace: ETAPA 11 CAMBADOS-PONTEVEDRA podedes consultar o percorrido, mirar os horarios...




E o xoves 30 de agosto sairá desde Vilagarcía. Consultade aquí a información: ETAPA 12 VILAGARCÍA DE AROUSA-MIRADOR DE ÉZARO


jueves, 23 de agosto de 2012

O BARCO DOS TOLOS


Así é como se fai chamar este barco-teatro que estará esta fin de semana no Porto de Vilagarcía. Os seus tripulantes-actores ofrecerán aos máis curiosos unha visita guiada pola embarcación cunha actuación no interior. Será o sábado e o domingo ás 18 e ás 21h. Os prezos son de 2 euros para os pequenos e de 4 euros para os maiores. A diversión está asegurada.

Na páxina do Concello de Vilagarcía podemos atopar máis información e tamén na prensa: na  La Voz de Galicia e no Faro de Vigo.





LAMARIOLA




Dúas mozas universitarias galegas veñen de crear unha nova páxina web: lamariola.es: Unha guía de ocio infantil en Galicia. Navegando por lamariola.es podemos atopar información sobre excursións, obradoiros, actividades en museos e bibliotecas, películas, espectáculos e moito máis. Teñen un buscador por data e lugar, un calendario de eventos e mesmo podemos suscribirnos e recibir semanalmente as novidades que van xurdindo. Unha moi boa iniciativa que recolle hoxe La Voz de Galicia na súa edición dixital.

sábado, 11 de agosto de 2012

FESTA DO PAN

Hoxe celébrase a XI FESTA DO PAN DO SALNÉS. Pinchade aquí para ler toda a información.


jueves, 9 de agosto de 2012

AGADIC

Na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), hai unha Axenda na que podemos seleccionar a localidade que nos interese e saber que actividades culturais se van desenvolver durante todo este ano 2012: musica, teatro, danza...para os máis novos e tamén para os maiores.

miércoles, 8 de agosto de 2012

FESTAS DE SAN ROQUE EN VILAGARCÍA



Os máis pequenos poderán disfrutar este ano das festas de San Roque (do 10 ao 19 de agosto, aínda que as celebracións manteranse ata finais de agosto) cunha chea de actividades. Na páxina do Concello de Vilagarcía podedes atopar un resumo:

"Os nenos teñen un papel destacado durante as festas de San Roque e para eles deseñáronse actividades diarias que van dende as proxeccións cinematográficas do Fantasio na Rúa, ata unha intensa programación no club dos Superrroquiños. Tanto unhas como as outras terán como epicentro a Praza de Galicia a as rúas peonís da contorna. Como sorpresa, deste ano o Fantasio na Rúa abrirase cunha proxección en 3D, a de Los Pitufos. Nos Superrroquiños haberá espectáculos circenses, contacontos, sesión discotequera, festa da espuma, inchable e moito máis."
No 
programa completo das festas tedes os horarios, lugares de celebración, datas... de cada unha das actividades.

viernes, 3 de agosto de 2012

O ALBARIÑO DOS MÁIS PEQUENIÑOS

O vindeiro domingo 5 de agosto, ás 20:30h na Praza de Fefiñáns celebrarase O ALBARIÑO DOS MÁIS PEQUENIÑOS CO MUSICAL "EL LIBRO DE LOS CUENTOS". Un musical infantil baseado en 12 contos clásicos con letra e música orixinal: A Sereíña, O parruliño feo, O frautista de Hamelín, Brancaneve, Pinochio, Carapuchiña vermella, O gato con botas...


Na páxina do Concello de Cambados podedes descargar o Programa da Festa do Albariño 2012, onde aparecen todas as actividades, concertos, musicais... que se desenvolverán durante as festas.