martes, 31 de enero de 2012

UN CADRO DE PICASSO


Entre os libros de Picasso que atopamos o outro día na biblioteca de Leiro, había un que nos chamou moito a atención. Queríamos saber por que parecían berrar a persoa e o cabalo que aparecían na cuberta. E hoxe por fin descubrímolo. Picasso pintou un cadro moi grande no que explica o horror da guerra cando uns avións bombardearon a vila de GUERNICA. Estaba tan triste que só empregou tres cores: branca, negra e gris. Pero dentro de tanta tristura nós buscamos tres elementos que fan pensar na esperanza: a pomba da paz (cunha á rota por mor da guerra), unha luz que parece querer iluminar tanta negrura e unha flor que quere nacer entre espadas rotas como símbolo de vida.


ACABA XANEIRO

Hoxe é o último día de xaneiro, mañá teremos que arrincar a folla do calendario para cambiar de mes. E como remate quixemos aprender un refrán que fala de como protexerse do frío neste mes que acaba: EN XANEIRO, ABRIGO, BUFANDA E SOMBREIRO.

lunes, 30 de enero de 2012

PAZ, HOXE E SEMPRE




Hoxe as nosas mans convertíronse en pombas da paz que saíron voando para quedar nas nosas casas. Na hora do patio cantamos a canción que aprendemos coa profe María de música e tamén vimos un vídeo precioso que preparou coas fotos de todos os nenos e nenas do CRA con motivo do día da PAZ.

Podedes velo pinchando aquí.

sábado, 28 de enero de 2012

DICIONARIO AUDIOVISUAL



Se pinchades neste enlace, poderedes acceder a un dicionario audiovisual trilingüe: castelán -inglés- francés. Unha forma divertida de aprender como se pronuncia noutras linguas, xa que estamos aprendendo tantas con Félix.
Dicionario audiovisual

viernes, 27 de enero de 2012

PINTAMOS CON PINCEL

Con que coidadiño pintamos hoxe co pincel e a témpera. Foi falar de pinceis e xa nos entraron as présas por empezar. Mirade as cariñas de concentración dos grandes artistas de Ribadumia.







CUMPLES DE XANEIRO




Hoxe celebramos o cumple de Atenea, que cumpliu 4 aniños. É a primeira da clase que cumple 4, que maior!! Á hora da merenda púxose mans á obra e fíxonos unha tarta riquísima da que non deixamos nadiña. Despois tocaron os gusanitos e de beber a elixir: auga, leite, chocolate e/ou batido. Festa rachada para comezar con bo pé a fin de semana.







 Mentres agardábamos pola tarta, entre todos adornamos unha coroa para regalarlle a Atenea


 Parabéns Atenea!!











jueves, 26 de enero de 2012

O NOSO DICIONARIO GALEGO - FRANCÉS




No conto Cartas de Félix, a avoa de Sofía, logo de falarlle de París, deulle as boas noites dunha maneira diferente á que empregaba sempre: Bonne nuit, Sofía!
Así soubemos que Bonne nuit significa boas noites en francés. Félix ten que estar aprendendo moitas palabras novas en francés para poder entenderse cos franceses en París!! E como fará se non sabe dicir algunha? Pois usando un dicionario!! A profe trouxo un dicionario de francés para o recuncho de París e agora nós estamos facendo outro máis á nosa medida elixindo, coa axuda das nosas familias, cada un unha palabra que queiramos saber como se di en francés. Logo apuntámola e buscamos unha imaxe para ilustrala. E no cole investigamos como se di e como se pronuncia en francés.

Hoxe todos traballamos a palabra que elixiu Antón: CHÍCHARO. E aprendemos que en francés se escribe PETIT POIS e se queremos pronunciala teremos que dicir petí puá (non imos empregar símbolos fonéticos)





Pouquiño a pouco iremos engadindo nesta mesma entrada máis palabras ao noso dicionario galego-francés. Estade atentos!!

NÔTRE DAME DE PARIS

A Catedral de Nôtre Dame está nunha das illas que hai no río Sena. Desde o bateau mouche podemos ver o exterior e se queremos visitala e coñecela por dentro, teremos que cruzar unha das pontes que atravesan o río. Aquí nos tedes preparados e capitaneados por Félix.



Unha das nosas versións particulares da catedral, co Sena e o bateau mouche .

miércoles, 25 de enero de 2012

RECUNCHO DE PICASSO

Ao logo do curso, a profe foi gardando as novas que viñan na prensa e que falaban de PICASSO. Agora que no cole estamos coñecendo a este pintor malagueño, imos montar con elas un pequeno recuncho. Hoxe mesmo viña na VOZ DE GALICIA unha nova que falaba dun robot que ía estudar o Guernica e tamén a lemos e a recortamos. Se na casa atopades nalgún xornal ou revista algo relacionado con PICASSO e queredes compartilo con nós e que pase a formar parte do recuncho, non tedes máis que recortalo e traelo, que será ben recibido.


O noso recuncho de PICASSO actualizado a día 20 de abril. Podedes observar canto medrou!!


PREPARANDO O DÍA DA PAZ



O vindeiro luns 30 de xaneiro é o DÍA DA PAZ e na escola de Ribadumia, para conmemoralo, estamos traballando todos nun mural colectivo que imos ter colgado na entrada. Aproveitando que a Picasso lle gustaba moito pintar pombas da paz, a semana pasada levamos para casa unha das súas pombas para que nos axudaran a escribirlle no peito unha palabra relacionada coa paz (unha vez máis, moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!!). As pombiñas foron chegando de volta ao cole cunha chea de palabras fermosísimas: AMIGO, SORRISO, BONDADE, AXUDA, AMOR, UNIÓN, LIBERDADE,...E queremos que esas palabras se volten realidade. Nós imos aportar o noso gran de area poñéndoas en práctica durante todo o ano na escola e nas nosas casas, coa xente que está ao noso arredor e que nos acompaña, nos quere e nos coida cada día: compartindo xoguetes e xogos cos demais, agasallando sorrisos, botando unha man ao que non chega, animando ao que está triste, traballando en equipo,...

Aquí tedes algunhas fotos dos preparativos.















martes, 24 de enero de 2012

Félix contaba na súa carta que estaba vivindo no Hotel Ritz de París. Cando un vai de viaxe lonxe da súa casa, pode durmir nun hotel. E que é un hotel?

-" Cando eu fun de vacacións no hotel había unha cama para mamá, outra para papá e outra para min"
- " En Lanzarote yo dormí en un hotel"
- " La puerta no tenía llave, tenía una tarjeta"

Non todos sabíamos o que era un hotel, e algún nunca durmiu nun: " Eu durmo na miña casa, en Ribadumia". Pero se Félix durme no Hotel Ritz de París, ao mellor non lle importa facer unha reserva para nós e así lle facemos unha visita. Alguén máis quere apuntarse?


EL NIÑO QUE MORDIÓ A PICASSO


Hoxe lemos parte do libro El niño que mordió a Picasso, onde Tony, un neno inglés que era amigo de Picasso, conta as lembranzas de cando era neno e xogaban xuntos. Un día de xogos, Tony mordeu a Picasso e a Picasso non se lle ocurreu mellor cousa que...pagarlle coa mesma moeda!!



 
Pero na biblioteca temos moitos máis libros que nos falan de Picasso. A ver que máis cousiñas curiosas nos van contando nos vindeiros días.

viernes, 20 de enero de 2012

HOXE MERENDAMOS...CRÊPES

Como estamos coñecendo Francia, non podía faltar unha degustación dunha das sobremesas máis típicas francesas: os CRÊPES. A profe María preparounos na súa casa e explicounos que ingredentes necesitou e como os cociñou. Logo vimos un vídeo en internet do proceso e despois tocounos a nós rechealos. Fixemos dous tipos: de chocolate con nata e de queixo con mel. Os dous estaban realmente ricos. Cadaquén tiña as súas preferencias pero probar, probamos de todos. Vraiment délicieux!!

A nata tiña truco, non saía!!



Engadimos chocolate



Un crêpe ou unha obra de arte?


Mel por riba do queixo...



Enrolamos pouquiño a pouco...



E a merendar!!!



Como pingaban pero que ricos estaban!!
Moitas grazas á familia de Daniela, que nos trouxo o mel!!


jueves, 19 de enero de 2012

CABEZA DE MULLER

Cos datos que aparecían na prensa, fixemos a nosa particular ficha técnica do cadro roubado de PICASSO. Medimos cun metro para facernos unha idea de como é de grande o cadro, comentamos que podía ser iso de óleo e algúns pensaban que eran ceras, outros rotuladores, un pincel,... Paletas, óleos, pinceis...estamos feitos uns artistas!!!