No conto Cartas de Félix, a avoa de Sofía, logo de falarlle de París, deulle as boas noites dunha maneira diferente á que empregaba sempre: Bonne nuit, Sofía!
Así soubemos que Bonne nuit significa boas noites en francés. Félix ten que estar aprendendo moitas palabras novas en francés para poder entenderse cos franceses en París!! E como fará se non sabe dicir algunha? Pois usando un dicionario!! A profe trouxo un dicionario de francés para o recuncho de París e agora nós estamos facendo outro máis á nosa medida elixindo, coa axuda das nosas familias, cada un unha palabra que queiramos saber como se di en francés. Logo apuntámola e buscamos unha imaxe para ilustrala. E no cole investigamos como se di e como se pronuncia en francés.
Hoxe todos traballamos a palabra que elixiu Antón: CHÍCHARO. E aprendemos que en francés se escribe PETIT POIS e se queremos pronunciala teremos que dicir petí puá (non imos empregar símbolos fonéticos)
Pouquiño a pouco iremos engadindo nesta mesma entrada máis palabras ao noso dicionario galego-francés. Estade atentos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario