miércoles, 11 de enero de 2012

VOLTA AO COLE




Xa levamos tres días de cole dende que acabaron as vacacións de Nadal. Voltamos a reencontrarnos con moitas ganas de xogar, de contar o que nos trouxeron os Reis e o Apalpador, de ver aos compañeiros,... A algúns estalles custando un pouquiño e fáiselles a mañá un pouco longa pero pronto colleremos outra vez o ritmo do cole.

Houbo moitos cambios dende que chegamos: acabou o ano 2011 e cambiamos ao 2012, terminou o mes de decembro e agora estamos en xaneiro, rematou o outono e chegou o inverno, unha das nosas compañeiras xa cumpríu 4 anos (este mes celebraremos os primeiros 4 anos da nosa clase!!!)...

E ademáis o Apalpador, logo de ler detidamente as nosas cartas e peticións, deixounos uns xoguetes de madeira preciosos para compartir. Moitas grazas, Apalpador!!

Con moito frío pero con moita ilusión e ganas de seguir aprendendo, comezamos o segundo trimestre do curso: BENVIDOS!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario