O pasado martes, revisando a prensa, atopamos unha nova que nos chamou moito a atención.
Contaba unha historia de ladróns, pero duns ladróns moi particulares: roubaban cadros. Tres cadros que aparecían nas fotos e que os localizamos á primeira despois de ler os seus títulos pero o que máis nos deu para comentar foi "Cabeza de muller" de Picasso:
- "Tiene dos cabezas"
- "Ten catro ollos"
- " Non ten nariz"...
Durante esta semana lemos varias veces a nova e quedáronnos ganas de saber máis cousas de Picasso (tamén coñecido como "Picazo" ou "Picachu" na nosa aula): quen era, que tipos de cadros pintaba, onde vivía,... Nas vindeiras semanas seguiremos investigando, a ver que descubrimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario