miércoles, 18 de enero de 2012

RECUNCHO DE PARÍS

Grazas á colaboración das familias e de todos os nenos e nenas da escola de Ribadumia xuntamos unha chea de material e de información sobre París e a cultura francesa. Desde que chegou o primeiro album de fotos a pasada semana, cada día foron aparecendo novas sorpresas en forma de postais, billetes de avión con destino París, un plano da cidade, unha Torre Eiffel, DVDs que falan dos monumentos máis importantes, películas en francés, CDs con cancións para nenos en francés, libros con receitas típicas francesas e contos en francés coma O Principiño.















Todo nos gusta, todo queremos velo, tocalo, escoitalo...e hoxe logo de que o Inspector Gadget nos levara de paseo por París, lemos un conto francés que nos trouxo Antón e que nos deixou fascinados. A profe contouno en galego para poder entendelo mellor porque todos tíñamos que participar para que a maxia funcionara. Unha historia fantástica arredor dun círculo amarelo que nos mandaba soprar, aplaudir, tocar, virar o libro para un lado ou para outro e ao pasar cada páxina...quedábamos abraiados co resultado!! Círculos que aparecían e desaparecían, se multiplicaban, se movían, formaban un arco da vella ou un tren, se agrandaban con cada palmada ata saír do libro...e ao acabar, volvía comezar!!



Moitas grazas, familias, por compartir co cole un cachiño das vosas casas. Non sabedes con que ilusión presentan os vosos fillos aos compañeiros cada cousiña que traen. Xa quedamos en que imos coidar todo moito para que volte a casa en perfecto estado.



No hay comentarios:

Publicar un comentario