Desde que apareceu a nova dos cadros roubados na prensa, andamos a voltas con PICASSO e hoxe decidimos buscar na biblioteca de Leiro a ver se había algún libro que falara sobre el. Como alí hai moitos libros, Zapatocas, a mascota da biblioteca, tenos todos ordeados por temas con números e cores nunha árbore. Primeiro miramos a ver que temas había e o que máis nos pareceu que tiña que ver con PICASSO era o da folliña rosa, cos números 7 e 5 e un debuxiño dun pincel e unha paleta con cores ( "porque PICASSO pinta con pincel" ): a sección de ARTE. Buscamos o andel co carteliño e...sorpresa!!! Apareceron un montón de libros onde aparecía o nome de PICASSO!!! Deunos tempo a botarlles unha ollada e a apuntar onde están colocados para as videiras semanas seguir traballando con eles e que non se nos esqueza onde hai que buscalos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario