miércoles, 11 de enero de 2012

A BANDEIRA DE FRANCIA


Lembrades a Félix, a lebre de peluche de Sofía? A última vez que tivemos novas dela acababa de chegar a PARÍS e estábamos aprendendo con ela onde estaba esta cidade. Hoxe volveu  traernos novidades: a bandeira de Francia e as súas cores. Comparámola coa do Reino Unido e vimos que teñen as mesmas cores pero son moi diferentes: unha ten un debuxo "de cruces con raias" e a outra ten franxas, unha de cada cor.

Aproveitando que xa coñecemos dúas bandeiras e que tiñamos o mapamundi no corcho, decidimos marcar nel as cidades polas que ía pasando Félix e grazas á profe María, que é unha artista, fixemos unhas bandeiriñas pequerrechiñas para espichar no mapa. A que quedaron moi ben?

No hay comentarios:

Publicar un comentario