viernes, 30 de septiembre de 2011

CUMPLES DE SETEMBRO






Hoxe celebramos os cumples de setembro. Na nosa clase Anxo, que cumpliu 3 aniños, fixo de cociñeiro e convidounos a tarta de galletas con chocolate. Gustounos moitísimo!!


Aquí tedes os pasos que seguimos para elaborar a tarta. Animádevos a facela na casa, xa veredes que éxito.
Primeiro mollamos as galletas en leite.

Despois estendemos o chocolate por riba

Repetimos o proceso varias veces para poñer varias capas

Adornamos con virutiñas de cores

Poñemos as veliñas e...listos para soprar!!!! Moitas felicidades, Anxo!!!






BICOS PARA SOFÍA

Todas as mañáns, cando facemos as rutinas, mandámoslle moitos bicos voadores a Sofía "para que se poña boíña", "para que se poña contenta", "porque nos acordamos moito dela", "porque queremos que veña pronto ao cole a xogar con nós",...bicos e máis bicos que saen pola ventana cos nosos mellores desexos.


miércoles, 28 de septiembre de 2011

CHEGOU O OUTONO

O pasado 23 de setembro démoslle a benvida ao outono e hoxe, logo de xogar cunhas follas secas que trouxo a profe, fixemos estampacións. Pasámolo moi ben estendendo a témpera laranxa. Tíñades que ver algunhas caras cando se viron coas mans todas manchadas. Mirade que bonitas nos quedaron!!



miércoles, 21 de septiembre de 2011

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Xa levamos tres días de cole e aquí tedes algunha foto do ben que o pasamos. A pesar dalgún choro o primeiro e o segundo día, cada vez vimos máis contentos.



viernes, 9 de septiembre de 2011

PREPARADOS, LISTOS...XA! CHEGA O CURSO 2011-2012

Co comezo do novo curso estreamos blog e queremos darvos a benvida á escola de Ribadumia de 3 anos.
Como sabedes, a nosa escola está aínda en obras pero moi pronto estará lista para estreala e poderedes comprobar o bonita que quedou.
O vindeiro luns 12 de setembro ás 10:30, en Leiro, teremos a reunión informativa de principio de curso coas familias. Nela falaremos, entre outros, dos seguintes temas:

- Calendario do curso 2011-2012: celebracións, saídas, festas, días non lectivos.
- Normas de funcionamento: horarios, roupa, saúde, merendas, biblioteca, avaliación.
- Período de adaptación.
-Listaxe de material escolar.
- Entrevista inicial coas familias.
Vémonos alí.