miércoles, 21 de diciembre de 2011

FESTA DE NADAL

Hoxe celebramos en Leiro a festa de Nadal con todos os compañeiros e compañeiras das outras escolas e pasámolo moi ben. Cantamos, xogamos, bailamos e disfrutamos coas panxoliñas que tiñamos preparadas. E tampouco faltou a visita do Apalpador, que recolleu as nosas cartas e nos trouxo chocolatinas, logo de apalparnos as barriguiñas!! O tempo deixounos merendar fóra todos eses biscoitos, galletas e postres típicos destas datas que trouxemos para compartir. En fin, unha xornada de festa rachada para despedirnos antes das vacacións de Nadal. Moi boas festas a todos e vémonos no 2012!!

Un bico especial para os peques que non puidéchedes vir á festa porque estades maliños. A varicela fixo estragos en Ribadumia!! Deixámosvos algunhas fotos para que as vexades. Cando se colguen todas na galería, poñeremos o enlace.

GALERÍA DE FOTOS DA FESTA DE NADAL 2011



















martes, 20 de diciembre de 2011

AS UVAS DE FIN DE ANO

A fin de ano pasada éramos tan pequenos que case non temos lembranzas da festa, nin das uvas, nin das doce badaladas do reloxio. Hoxe vímolo en internet e despois do ensaio do venres pasado coa profe María de música e co profe Rafa na festa rachada (pinchade neste enlace para ver as fotos: http://enmupsico.blogspot.com/2011/12/festa-rachada.html) , este ano imos axudar na casa a contar as uvas e a telas preparadas para cando as agullas do reloxo marquen a medianoite. Xa queda pouco!!

lunes, 19 de diciembre de 2011

PALMA REPALMA

Como nos gustan as cancionciñas, cantalas e que nolas canten. Hoxe rimos un montón con Palma repalma porque a grande quedábasenos pequena e a queríamos ENOOOORMEEE!!!

domingo, 18 de diciembre de 2011

CUMPLES DE DECEMBRO

Este mes celebramos o cumple de Uxía, que xa ten 3 aniños. Como é habitual, fixo a tarta de galletas con chocolate para convidarnos e despois comezou a festa rachada na que o pasamos de medo. Non tedes máis que mirar as fotos. Parabéns, Uxía!!!!














jueves, 15 de diciembre de 2011

SAÍMOS NA PRENSA OUTRA VEZ!!

Onte cando fomos visitar o belén xa notamos que había moitas cámaras facéndonos fotos. Hoxe saímos retratados en La Voz de Galicia, no Faro de Vigo e no Diario de Arousa. Deixámosvos os enlaces dos dous primeiros. Pinchade neles e a ver se adiviñades a cal dos dous temos que darlle un tirón de orellas porque non se enteraron de que o noso cole se chama CRA de Ribadumia.

http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2011/12/15/0003_201112A15C12992.htm



http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2011/12/15/chuco-armo-belen/606222.html


E do terceiro, a nova escaneada. Non ten moita calidade pero seguro que nos recoñecedes.


Contactamos co diario de Arousa e moi amablemente mandounos a foto, así podémola ver mellor e en cor. Graciñas!!


miércoles, 14 de diciembre de 2011

QUE BELÉN MÁIS BONITO!!

E por fin chegou o día tan esperado: viña o autobús recollernos para levarnos a ver o belén dun veciño de Ribadumia que nos convidaba a visitalo!!

Toda a mañán pendientes do autobús: que se a que hora vén, que se temos que merendar antes e deixar todo recollido, que se hai que facer pis antes de ir non vaia ser que nos entren as ganas polo camiño, que se poñemos os abrigos,...

Que ilusión cando timbraron e xa estaba o autobús agardando por nós!! As quince cariñas cunha mestura de nervios, medo, ilusión, ledicia...















Baixamos do autobús e fixemos unha fila de parellas (unha era un trío, cousas de ser impares) para subir ata a casa do veciño. E chegamos. Alí estaba o belén agardando por nós: que preciosidade e canto traballo!! Un río con auga e un home pescando ("hai peixes?"), outro home picando leña ("corta de verdade?"), un raposo roubando unha galiña ("mira como lle da a muller coa vara por comerlle a galiña"), os reis de camiño, o meniño no berce,...







E unha sorpresa final: a carroza onde irán os reis cando cheguen no avión para a cabalgata!! Non se pode pedir máis...


Moitas grazas a Chuco e á súa muller por convidarnos un ano máis á súa casa a visitar o belén. Pasámolo moi ben, gustounos moito e o vindeiro ano...repetimos!!!







XA CHEGAN OS REIS

E é que como sabemos que nós somos os reis e as raíñas das nosas casas, había que deixar constancia dalgunha maneira. Así o fixemos e así quedaron:

Primeiro pintamos o fondo de  témpera azul co rodillo, que é unha ferramenta que nos está dando moito xogo.



Despois pintamos un filtro de café con rotuladores de moitas, moitas cores.


Agora vén o toque máxico final: pulverizamos con auga por riba do filtro pintado.


Deixamos que seque, despois facemos a montaxe e...tacháaaaaaaan!!! Aí van tres de mostra, os orixinais, pronto nas vosas casas.





AXUDÁMONOS PARA APRENDER

Aínda nos custa traballo desabotoar o mandilón para deixalo na percha antes de marchar para casa. Ás veces é falta de ganas, ás veces porque é máis cómodo que mo dean todo feito e así non paso traballo... E os adultos en moitas ocasións contribuímos a que non aprendan co: "trae que xa cho quito eu", "vén aquí, que mira que tardas", "veña, que temos présa"..Un bo sistema para aprender que nos está dando moi bo resultado é axudar ao compañeiro "que non sabe" porque ao facelo por parellas, un desabotoa ao outro e dámonos conta de que en realidade...sí que sabemos!!! Mirade que ben o facemos:






martes, 13 de diciembre de 2011

CARTA AO APALPADOR

Como sabemos que o APALPADOR só fai xoguetes de madeira, pensamos que lle podíamos escribir unha carta pedíndolle que nos deixe un no cole para compartir. Na casa axudáronnos a recortar un para despois pegalo nas cartas que escribimos no cole. O día da festa de Nadal, que será o vindeiro mércores 21 de decembro en Leiro, o APALPADOR virá visitarnos e recollerá as cartas que lle temos preparadas. Deixaranos algo no cole? Teremos que agardar á volta das vacacións para descubrilo...





AZOUTIÑAS NO TEU CU

Hai veces que nos custa estar ben sentados e iso que xa sabemos por experiencia que podemos caer e levar un golpe. Agora temos unha canción que nos axuda a lembrar de maneira divertida que debemos sentar correctamente. Non falta quen nola cante cando nos ve mal sentados!!

FARO DE VIGO

A mamá de Marcos Álvarez díxonos que saía o noso cole no Faro de Vigo do pasado domingo e gardounos o recorte. Moitas grazas, así podemos compartilo no blog con todos.


Na foto saen os compañeiros e compañeiras do ano pasado visitando o belén dun veciño de Ribadumia que cada Nadal o monta na súa casa. Este ano volveu a convidarnos e mañá iremos visitalo. Xa veredes que precioso é!!

viernes, 9 de diciembre de 2011

ADORNOS DE NADAL

Seguimos adornando o noso cole coa chegada do Nadal. E hoxe tocoulle ás estreliñas. Puxémolas no mural dos cumples e quedaron moi bonitiñas!!