miércoles, 7 de diciembre de 2011

O APALPADOR: ENTRE TODOS, MELLOR

Como nos gusta tanto recoller e xogar coas follas que tira o outono no patio de Leiro, un día xuntamos moitas, moitas e pensamos que podíamos facer o corpo do APALPADOR con elas.


Logo fomos facendo pouco a pouco todos os complementos que leva o APALPADOR con diferentes técnicas plásticas (o fol, a cachimba, os zocos, a pucha) e hoxe...por fin rematamos o APALPADOR que fixemos para a entrada do cole!! A verdade é que estamos encantados con el. Non puido quedar máis bonito. Fixémolo entre todos os nenos e nenas da escola de Ribadumia: 3, 4 e 5 anos e agora estamos escribíndolle unha carta na que lle imos pedir que nos deixe un xoguete de madeira no cole para compartir. Cando vexa o mural que lle fixemos, vai quedar coa boca aberta!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario