E é que como sabemos que nós somos os reis e as raíñas das nosas casas, había que deixar constancia dalgunha maneira. Así o fixemos e así quedaron:
Primeiro pintamos o fondo de témpera azul co rodillo, que é unha ferramenta que nos está dando moito xogo.
Despois pintamos un filtro de café con rotuladores de moitas, moitas cores.
Agora vén o toque máxico final: pulverizamos con auga por riba do filtro pintado.
Deixamos que seque, despois facemos a montaxe e...tacháaaaaaaan!!! Aí van tres de mostra, os orixinais, pronto nas vosas casas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario