miércoles, 7 de diciembre de 2011

FOMENTO DA LECTURA



La Voz de la Escuela é o suplemento, adicado expresamente á comunidade escolar, que publica La Voz de Galicia cada mércores con información de interese para entender o xornal e orientacións sobre como enfocar as novas desde un punto de vista pedagóxico. Elaborado por periodistas, pedagogos e especialistas en distintas áreas, celebrou no 2007 o seu 25 aniversario.

Na páxina web de prensa-escuela hai un buscador onde podedes consultar os suplementos de La Voz de la Escuela e todos os seus artigos:


Na Escola de Pais que aparece na sección Orientación educativa, elixen un tema que desenvolven ao longo de todo un mes. O mes de decembro está adicado ao Fomento da lectura e hoxe 7 de decembro, vai adicado á Educación Infantil. Ideas para ensinar a disfrutar dos libros desde os primeiros anos que podedes ler picando no seguinte enlace:


E para saber máis, non deixedes de ler a guía: "La importancia de leer en casa", de Antonio Ventura. Junta de Andalucía. Con preciosas ilustracións, ofrece ás familias pautas para espertar nos seus fillos e fillas o gusto polos libros e unha interesante bibliografía (a maioría tamén a hai en galego) para que os peques se acheguen aos libros por puro pracer

No hay comentarios:

Publicar un comentario