E por fin chegou o día tan esperado: viña o autobús recollernos para levarnos a ver o belén dun veciño de Ribadumia que nos convidaba a visitalo!!
Toda a mañán pendientes do autobús: que se a que hora vén, que se temos que merendar antes e deixar todo recollido, que se hai que facer pis antes de ir non vaia ser que nos entren as ganas polo camiño, que se poñemos os abrigos,...
Que ilusión cando timbraron e xa estaba o autobús agardando por nós!! As quince cariñas cunha mestura de nervios, medo, ilusión, ledicia...
Baixamos do autobús e fixemos unha fila de parellas (unha era un trío, cousas de ser impares) para subir ata a casa do veciño. E chegamos. Alí estaba o belén agardando por nós: que preciosidade e canto traballo!! Un río con auga e un home pescando ("hai peixes?"), outro home picando leña ("corta de verdade?"), un raposo roubando unha galiña ("mira como lle da a muller coa vara por comerlle a galiña"), os reis de camiño, o meniño no berce,...
E unha sorpresa final: a carroza onde irán os reis cando cheguen no avión para a cabalgata!! Non se pode pedir máis...
Moitas grazas a Chuco e á súa muller por convidarnos un ano máis á súa casa a visitar o belén. Pasámolo moi ben, gustounos moito e o vindeiro ano...repetimos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario