miércoles, 25 de enero de 2012

PREPARANDO O DÍA DA PAZ



O vindeiro luns 30 de xaneiro é o DÍA DA PAZ e na escola de Ribadumia, para conmemoralo, estamos traballando todos nun mural colectivo que imos ter colgado na entrada. Aproveitando que a Picasso lle gustaba moito pintar pombas da paz, a semana pasada levamos para casa unha das súas pombas para que nos axudaran a escribirlle no peito unha palabra relacionada coa paz (unha vez máis, moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!!). As pombiñas foron chegando de volta ao cole cunha chea de palabras fermosísimas: AMIGO, SORRISO, BONDADE, AXUDA, AMOR, UNIÓN, LIBERDADE,...E queremos que esas palabras se volten realidade. Nós imos aportar o noso gran de area poñéndoas en práctica durante todo o ano na escola e nas nosas casas, coa xente que está ao noso arredor e que nos acompaña, nos quere e nos coida cada día: compartindo xoguetes e xogos cos demais, agasallando sorrisos, botando unha man ao que non chega, animando ao que está triste, traballando en equipo,...

Aquí tedes algunhas fotos dos preparativos.















No hay comentarios:

Publicar un comentario