martes, 31 de enero de 2012

UN CADRO DE PICASSO


Entre os libros de Picasso que atopamos o outro día na biblioteca de Leiro, había un que nos chamou moito a atención. Queríamos saber por que parecían berrar a persoa e o cabalo que aparecían na cuberta. E hoxe por fin descubrímolo. Picasso pintou un cadro moi grande no que explica o horror da guerra cando uns avións bombardearon a vila de GUERNICA. Estaba tan triste que só empregou tres cores: branca, negra e gris. Pero dentro de tanta tristura nós buscamos tres elementos que fan pensar na esperanza: a pomba da paz (cunha á rota por mor da guerra), unha luz que parece querer iluminar tanta negrura e unha flor que quere nacer entre espadas rotas como símbolo de vida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario