Hoxe non saímos ao patio por mor do frío e da choiva así que aproveitamos para ver a Picasso en acción, tentando adiviñar sobre a marcha que sería o que debuxaba. Ás veces acertábamos e outras víamos unicornios en lugar de touros, flores en lugar de mulleres...
E despois vixemos unha visita a París desde o aire. Que alegría cando aparecía a Torre Eiffel!! É o que máis nos gusta de París con diferenza!! Aínda que o bateau mouche e o paseo polo Sena tamén ten moitos fans...
Paris vu du Ciel de Yann Arthus-Bertrand
No hay comentarios:
Publicar un comentario