jueves, 2 de febrero de 2012

XOGAMOS Á PETANCA




Na suá carta desde París, unha das cousas que nos contou Félix foi que ao pasar por un parque veu uns homes xogando cunhas bolas. Preguntámoslle ao profe Rafa se sabía cal podía ser ese xogo e investigando un pouquiño, soubemos que é un xogo típico de Francia e se chama PETANCA. A semana pasada fixemos na hora de psicomotricidade as bolas e o boliche co papel do xornal e papel de seda de cores (para que quedara máis bonita) e despois forrado con precinto. Cando estiveron listas aprendemos as normas e botamos unhas partidas. Foi moi divertido!!
Hoxe apuntamos o nome do xogo para ver as letras que ten PETANCA e lembramos que necesitamos para xogar e como se xoga. Podedes ver as fotos de como fixemos as bolas aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario