sábado, 4 de febrero de 2012

FONDUE DE CHOCOLATE CON FROITAS



Onte quedamos para merendar FONDUE DE CHOCOLATE CON FROITAS. E dicimos quedamos porque foi unha merenda conxunta de maiores e pequenos na entrada do cole. Cada un de nós trouxo unha froita:  PLÁTANOSMANDARINASKIWIS, AMORODOSMELOCOTÓNSMAZÁS.



Quentamos un pouco o chocolate mentres cortábamos as froitas en anaquiños e facíamos mestura de cores e sabores en cada mesa.

Bañamos os anaquiños de froita no chocolate e despois...a merendar!!! Nos bigotes podedes comprobar canto nos gustou esta receita!!













 
 
 

1 comentario: