A profe Ángeles de Leiro díxonos que na súa aula ían traballar coa noticia do pasado venres que falaba de Rosalía na Voz de Galicia. E nós como xa coñecíamos a esta xenial escritora e poetisa, apuntámonos tamén. O que máis nos gustou foi o debuxo de Rosalía coma se fose unha rosa e descubrir que as espiñas eran puntas de plumas, coas que ela escribía os seus poemas porque daquela non tiñan tantos aparellos de escritura coma nós: bolis, lapis, rotuladores, ceras,...
No hay comentarios:
Publicar un comentario