lunes, 13 de febrero de 2012

SEMANA DE ENTROIDO

Esta semana andamos moi atarefados ultimando os disfraces, as máscaras e todo o que necesitamos para que o venres en Leiro poidamos disfrutar dunha gran festa rachada.
Os nenos e nenas de Ribadumia imos ir disfrazados de PINTORES. Aproveitando que estamos coñecendo a Picasso e que coma el somos uns grandes artistas, colleremos paleta e pincel e iremos de festa.
Pero a diversión do Entroido xa comezou hoxe luns coa  primeira orde do Meco: traer algo na cabeza. Mirade que guapos estamos!!



Anxo non estaba cando fixemos a foto de grupo, así que saíu logo soíño pero así de guapo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario