Seguimos coñecendo PARÍS con Félix e hoxe chegamos ata a Praza da Estrela, onde está o ARCO DO TRIUNFO. A praza ten ese nome porque nela conflúen 12 rúas ou avenidas e vista desde arriba parece unha estrela. Aínda que algún non o tiña tan claro porque: "Non profe, unha estrela non pode ser, que as estrelas están no ceo".
Escribimos o seu nome e despois co fluorescente da profe, que ten unha punta moi curiosa e pintar con el é unha marabilla, sinalamos o Arco do Triunfo e as 12 rúas. Cando críamos que tíñamos todas marcadas, contábamos e faltaba algunha que estaba agachada. Pero ao final, conta que te contarás, apareceu a ducia enteira. Comprobádeo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario