miércoles, 8 de febrero de 2012

O MUSEO DO LOUVRE





Hoxe Félix visitou o MUSEO DO LOUVRE. Nós buscamos no noso recuncho de París a ver que había sobre o Louvre e atopamos moita información: postais, o plano do museo coa situación das salas e das obras principais e mesmo había unha entrada!!
Logo de agardar na ringleira que se forma na pirámide para mercar a entrada, Félix paseou abraiado polo museo e mandaounos dúas fotos das obras que máis lle gustaron: unha pintura e unha escultura.

Ándanos na cabeza por que á VENUS DE MILO lle faltan os brazos. As hipóteses que barallamos non nos convencen moito:
- "Fue un cuchillo mágico que andaba saltando por ahí y le cortó los brazos"
- "Foi o home que cortou o outro día as árbores do monte e que tiña unha serra. Serrou as árbores e cortoulle os brazos".
A ver se investigamos que foi o que lle pasou...

No hay comentarios:

Publicar un comentario