HOXE MERENDAMOS...CRÊPES
Como estamos coñecendo Francia, non podía faltar unha degustación dunha das sobremesas máis típicas francesas: os CRÊPES. A profe María preparounos na súa casa e explicounos que ingredentes necesitou e como os cociñou. Logo vimos un vídeo en internet do proceso e despois tocounos a nós rechealos. Fixemos dous tipos: de chocolate con nata e de queixo con mel. Os dous estaban realmente ricos. Cadaquén tiña as súas preferencias pero probar, probamos de todos. Vraiment délicieux!!
A nata tiña truco, non saía!!
Engadimos chocolate
Un crêpe ou unha obra de arte?
Mel por riba do queixo...
Enrolamos pouquiño a pouco...
E a merendar!!!
Como pingaban pero que ricos estaban!! Moitas grazas á familia de Daniela, que nos trouxo o mel!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario