Así é como se fai chamar este barco-teatro que estará esta fin de semana no Porto de Vilagarcía. Os seus tripulantes-actores ofrecerán aos máis curiosos unha visita guiada pola embarcación cunha actuación no interior. Será o sábado e o domingo ás 18 e ás 21h. Os prezos son de 2 euros para os pequenos e de 4 euros para os maiores. A diversión está asegurada.
Na páxina do Concello de Vilagarcía podemos atopar máis información e tamén na prensa: na La Voz de Galicia e no Faro de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario