No tempo que adicamos á atención educativa, estamos traballando un pouco a Educación Vial grazas ao conto ¿DAMOS UNHA VOLTA? da colección LAURA E COMPAÑÍA, Editorial BAÍA.
Con Laura e Romeo, os protagonistas desta historia, aprendemos que como peóns temos que camiñar pola beirarrúa e cruzar polo paso de peóns, as cores do semáforo e o significado de cada unha delas,...
No hay comentarios:
Publicar un comentario