Ao noso cole chegou por sorpresa unha maleta azul. Que terá dentro? preguntámonos. A profe pensaba que tiña un crocodilo porque pesaba moito pero á maioría nos parecía que seguramente estaba chea de libros. Abrímola e...efectivamente!! Dentro había unha chea de libros e no peto unha chea de DVDs. Chamounos a atención unha foto dun home con algo escrito debaixo: era o seu nome e chamábase HANS CHRISTIAN ANDERSEN. Todos os contos que alí había estaban escritos por el. Lemos os títulos e había algún repetido. Decidimos comezar lendo todos os que atopamos do Parruliño feo e había 3 versións: nun libro grande, noutro mediano e noutro pequeno. Logo de lelas cada un escolleu a que máis lle gustou e a máis elixida foi a do libro grande, onde o parruliño feo acaba convertíndose nun belo cisne e namorándose dunha cisne femia. Ao acabar miramos os DVDs e tamén apareceu un co título do Parruliño feo!! Chamamos aos compañeiros da clase dos maiores e convidámolos a unha pequena sesión de cine que aceptaron encantados!!
Nos vindeiros días seguiremos lendo e aprendendo máis cousiñas de ANDERSEN...
Q fabulas mais bonitas as de andersen,recordame cando era pequena
ResponderEliminar