martes, 8 de mayo de 2012

CABEZA DE TORO

Hoxe limos outro dos poemas do libro PICASSO ME PICA. Sabedes que no estudio de PICASSO, onde traballaba e creaba as súas obras de arte, podías atopar calquer cousa. Un día el mesmo sorprendeuse ao atopar pezas dunha BICICLETA: unha roda por aquí, un manillar por alá, un sillín noutro lado,...e sabedes o que se lle ocorreu facer con aquelas pezas? Unha escultura dunha cabeza de touro!! Para os cornos empregou o manillar e para a cabeza o sillín. A nós lembrounos as nosas bicis: Eu teño unha bici vermella; A miña ten catro rodas para non caer; Eu xa aprendín: meu pai agárrame por detrás e logo sóltame e xa vou eu só;...  Algúns dicíanlle SILLÓN ao SILLÍN e fíxonos rir moito. O tema das bicis dá para moita conversa...


No hay comentarios:

Publicar un comentario