Hoxe celebramos en Leiro a festa dos MAIOS. Por mor da choiva tivemos que desenvolver todas as actividades dentro do cole pero aínda así, pasámolo moi ben!!
Primeiro fixemos os colares de flores para adornar o maio mentres a profe Ana e a profe Ángeles o vestían co fiuncho.
Enfiamos as agullas de plástico e con moito coidadiño, con cada flor que enfiábamos, o noso colar facíase máis e máis longo.
Ao acabar, algún quixo facerse unha foto co seu colar posto.
Logo pintamos unha folliña coa que decoramos a árbore do local social entre todos os nenos e nenas do CRA.
Despois da merenda veu cantar con nós o grupo ALECRÍN, ao que un ano máis queremos agradecerlle a súa participación na festa e o agarimo co que prepara as cancións. Agardamos que o vindeiro ano veñan de novo e disfrutemos todos xuntos desta gran festa da primavera.
Q ven o pasamos!gcias por tdo
ResponderEliminar