martes, 1 de mayo de 2012

XOGANDO A PENSAR...CON ARTE


Nesta entrada recóllese a sesión que fixemos de Xogar a Pensar o mércores pasado. O obxectivo que perseguimos na aula xogando a pensar coas propostas que nos trae Juanita é que os nenos e nenas aprendan a pensar e a actuar considerando diferentes perspectivas, en compañía dos outros e en situacións de diálogo.

A arte como recurso estimula a nivel sensorial e emocional, provoca o pensamento, axuda ao entendemento e desenvolve a creatividade. E ten un ingredente lúdico que provoca pracer.


A finalidade do proxecto Noria, no que nos basamos para xogar a pensar, é que os nenos e nenas se convirtan en individuos que saiban tomar decisións, que prevean as consecuencias das súas accións, que sexan na vida activa máis reflexivos, considerados e razoables, que sexan máis creativos e felices. Que aprendan a pensar mellor por si mesmos.

Se queredes saber máis sobre o Proxecto Noria pinchade aquí

 
A sesión comeza cando a profe escoita un ruido que parece vir dunha maleta que hai nun andel da biblioteca de aula. A todos lles entra a curiosidade por saber que ocurre e cando a abrimos…aparece a xoaniña Juanita!! Levábamos un tempo preparando as nosas xoaniñas de pedra e estábamos agardando a que Juanita viñera a visitarnos para amosarllas. Logo de saudala e darlle cada un un bico e unha aperta dixémoslle que pechara os ollos, que lle tiñamos unha sorpresa. Repartimos as xoaniñas de pedra, agachámolas nas mans, Juanita abriu os ollos e…tachán!! Quedou abraiada!!Pero Juanita tamén tiña unha sorpresa para nós. Saímos ao hall con ela e xa estaba preparado o encerado dixital. Fixemos unha roda e sentamos en círculo (que tivemos que convertir nun U para poder ver ben a pantalla.) Logo lembramos o que tíñamos que facer para xogar a pensar con Juanita coa axuda dunha imaxe:


(A profe vai sinalando primeiro a Juanita e logo cada unha das normas de esquerda a dereita e de arriba abaixo e vainas comentando co grupo)
Quen é esa?
Todos: Juanita
Vainos lembrar o que temos que facer para xogar con ela. Nós xa o sabemos, pero ímolo recordar. Que hai aquí?
Todos: Unha orella
Para que será a orella?
Varios: Para escoitar
Que hai aquí?
Varios: Unha boca
Que facemos coa boca?
AT: Para falar
M.A.: Y comer
Isto que é?
Varios: Unha man
Para que?
F: Para levantar para hablar
AD: Porque o dixen eu o da boca e xa a levantei.
E aquí, esta da atrás que fai? Estes están falando, e o outro?
Varios: Mirando…e escoitando
Hai que respectar aos demais. Cando un fala, os demais como teñen que estar?
Varios: Sssssshhh
Caladiños e….
AT: Escoitan
E esta? Mirade, esta muller que está facendo?
Un, e outros repiten: bailando
Esta bailando? Estase mirando onde?
Varios: Nun espello
Nun espello e está pensando. Para xogar a pensar hai que pensar. Con que pensamos nós?
AN: Coa cabeza.
AT: (Cantando)Tantarantán tantarantiña, o que non pensa non ten cabeciña.
E estes nenos que están facendo?
Varios: Xogando
Están xogando e o están pasando…
AT: Moi ben!
Pois iso é o que temos que facer nós: xogar a pensar e pasalo moi…
Varios completan: ben!!

Que che parece, Juanita? Xa sabemos todo o que temos que facer. (Sinalando a imaxe) Aí estás ti e todo o que temos que facer para xogar a pensar contigo. E se alguén non o fai, pois non pode xogar a pensar.
AD: Eu o fago!
Ímolo facer?
Todos: Si!!
Pois ala, Juanita, que nos traes hoxe? Imos ver, a ver que nos traerá.
(Mentres a profe busca no ordenador a imaxe do cadro, un neno di: Vainos traer un periódico)
(Aparece a imaxe do cadro na pantalla)        


Varios: Ohhhh
Que nos trae aí?
F: Un periódico moi chulito (varios o repiten e a profe ten que lembrar que para falar antes hai que erguer a man e agardar que nos toque).
B: Un conto
Un conto…ti que dís, ANT?
ANT: Mmmm…un conto.
Que pensas ti AT?
AT: Un conto
Imos mirar logo o que pasa neste conto. Vós que vedes aí?
(Neste momento todos queren falar a un tempo do que ven e a profe ten que voltar a lembrar as normas do diálogo)
A ver, L., ti que ves aí?
L: Un coche y alguien bailando encima del coche.
Quen está bailando enriba do coche?
L : Dos chicas
Alguén corrixe: un chico y una chica.
L segue: Yo veo el sol y el mar
AND: Yo veo la tienda de campana, y el coche y un piano.
E ti, S, que ves?
S: Una tienda
A ver que máis vemos. Xa dixemos: un coche, dúas persoas bailando enriba del, un sol, unha tenda de campaña, un piano. A ver, agora sen repetir, que máis ves ti M.A.?
M.A. Un gallo
Un galo?
M.A. Sí, no lo ves aí?
AT: Un gallo negro
M.A. Encima de la tienda de acampada. Y está diciendo así: Kikirikiiiiiii
Ah, está cantando?
L: No, porque los cuentos no hablan.
M.A. segue: Kikirikiiiiii
Pero M.A. di que o escoita. A ver, escoitádelo todos cantar?
(Varios únense a M.A. no kikirikiiiii)
L e F din: No, no, yo no.
Que máis vemos?
B: Un piano
AT: Rodas de coche
M.A.: Sabes yo lo que veo? Veo una hamburguesa encima del piano.
E para que será esa hamburguesa?
Varios: Para comer!
L comenta: Yo me como las hamburguesas, me las como así todas.
Para quen será esa hamburguesa?
AN: Para mí
M.A.:Para el gallo
L: Para nadie!
Entón para que está aí?
F: Es que yo creo que es para el señor que toca el piano, para cuando tenga hambre
E quen toca ese piano?
F: No sé
AN: El señor o la chica
Os que están enriba do coche?
Varios: Si
E mira, AD, que están facendo enriba do coche?
AD: Bailando
E ti viches algunha vez alguén bailando enriba do coche?
AD e outros: non
L: Yo sí
Ti si, L? E onde estaba?
L: En un parque de atracciones
(A profe ten que lembrar de novo que hai que estar ben sentado porque varios nenos están deitados)
AN: Yo veo que están en una playa
E como o sabes? Por que o sabes?
AN: Porque está el sol escondido detrás de la playa
Mirade unha cousa que vos quería preguntar. Nese coche, que hain ese coche na ventana?
L: Dúas cortinas
M.A.: Y un jarrón
F: Dos cortinas y un jarrón
Quen ten no seu coche cortinas?
AD: Eu non
AN e varios máis: Eu si
AN: Eu si pero son para o sol
AND: A mí me da mucho el sol cuando hace mucho sol
L: Y a mí me da bastante el sol
Mira que vos quería preguntar unha cousa: será de día ou será de noite aí?
Varios: de día
Varios: de noite
F: de noche porque yo veo la luna y las estrellas
AND: de noche, porque yo veo el sol escondido por el mar
A ver, o que pense que é de día, que levante a man. (Levantan a man 9 nenos)
Baixamos as mans e agora o que pense que é de noite que levante a man. (Levantan os mesmos)
Vós vedes unha árbore aí?
Varios: Si
AND: con castañas!
Nós coa profe Ana que miramos moitas árbores e coñecemos moitas, que árbore pensades que é esa?
M.A.: Un castañeiro
AN: Si, porque eu vou coller as castañas no castañeiro.
E esa árbore ten castañas?
Varios: si
Varios: non
Que ten?
Hojas
Pipas
Almejas
Mejillones
(A profe ten que voltar a lembrar que non podemos falar todos á vez)
Mirade agora moi ben a ver se vedes algo colgado dunha póla da árbore
M.A. e F: Una llave
Vós víchedes algunha vez unha árbore que teña chaves colgadas?
Todos: Non
Entón esa árbore para que terá esa chave colgada?
AN e AD: para abrir o coche
F: Yo creo que esa llave es para encontrar un tesora
L: Noo, para abrir o coche
AND: para abrir una ventana que está cerrada
AN: é para o coche, para que non se perda
E que serán todas esas cousas que hai por aí pegadas?
Varios: papel, papel, papeles
Está todo cheo de papeles, para que serán?
AT: de limpar
AN: de limpar e de tiralos á basura
F: Yo creo que no son de limpiar y de tirar a la basura, que tienen firmado una cosa cada papel
Di F que hai algo escrito en cada papel. Vós vedes algo escrito?
Varios: sí
Quen escribiría?
L: No tengo ni la menor idea
F: Yo creo que…es que está mal escrito,solo son montañitas
Quen pensades que escribiu eso?
AND: o galo
Saben escribir os galos?
AND: si
L: con la boca
AN: Non, coa man
Teñen mans os galos?
L: Non, teñen patas
E pintan coas patas?
AND: no, con las plumas
F: yo creo que está mal escrito porque lo escribió el señor que estaba tocando el piano y además están dos papeles aí pegados en el coche
(Lembramos outra vez que hai que sentar ben porque estamos deitados)
Vouvos preguntar unha cousa. Vós cando bailadse, bailades cando poñen que?
Varios: música!
E estes chicos que están bailando enriba do coche, con que música bailan?
L: sin nada de música
Non hai música?
AN: hai un piano para tocar
Pero escoitade, que ao mellor teñen a música posta
(Todos calan e escoltan)
Varios: Non
Non escoitades música?
AND: yo sí escucho la música que están bailando el chico y la chica.
E cal é?
AT: A do crocodilo. (E canta) Crocodilo que se perde…
F: (continúa cantando) cocodrilo que se pierde, y se pierde por la tienda de campaña…
L: No es verdad, están escuchando una del cielo, de los grillos
Mirade agora moi ben porque creo que hai alguén metido na tenda de campaña. Quen está aí dentro?
(Todos calan e miran)
F.: Está…un fulanito (a varios gústalles a palabra e a repiten)
L: un cocodrilo
AND: Juanita
F ri e di: Pero si está ahí Juanita (sinalándoa)
Que dicías ti, M.A. que había enriba do piano?
M.A.: Una hamburguesa
Quen a puxo aí?
F: no sé
L: o señor que toca o piano
Pero onde está ese señor?
L: Escondido
F: yo creo que en la tienda de campaña, dentro
L: no, está escondido arriba en los árboles
B: hay un lobo dentro de la acampada. Un lobo negro
E que fai na tenda?
F: Yo creo que ese lobo es el que está escribiendo los papeles
E para que deixa por aí as notas?
F: no sé, será que son para el coche
AND: para cantar, también puede ser
L: no, es para engañar
A quen?
L: Al gallo
F: Quiere engañar el lobo a Juanita
E por que quere enganalos?
L: porque quiere morderles la nariz
Quere comelos?
AD: Poise eu mátoo coa miña perna máxica, que é esta
AN: E eu cunha pistola.
F: Yo también tengo una pierna mágica, que es ésta
L: Yo tengo un palo enorma para aplastarle
(Voltamos a lembrar que hai que estar ben sentados)
Vós algunha vez durmíchedes nunha tenda de campaña?
Varios: Eu si
Varios: eu non
AD: Eu a semana pasada durmín porque teño as fotos na de meu pai
ANT: Eu durmín na tenda de campaña que teño abaixo no sótano e un coche vermello
Quen me dixo que isto lle parecía que era un conto?
Varios: Eu
Pois os contos sempre teñen un título. Imos a poñerlle un título a este conto
L: Un coche
AND: o piano
AN: Un barco
F: cuento-coche
B: campana-campana




Mirade entón o que nos trouxo Juanita. Dixo, cando acaben de falar desta imaxe voulles poñer outra cousa. Atentos. (Aparece a imaxe da avaliación figuro analógica) Juanita tróuxonos tres cariñas: como está esta cara? (sinala a amarela)
Varios: contenta
E esta? (sinala a verde)
L: horrible
AN: seria
E esta? (sinala a vermella)
Varios: triste.
Pois Juanita, como nos trouxo esta sorpresa para xogar a pensar con esa imaxe tan bonita, dixo: ao acabar de xogar, eu quería que me dixera cada un se lle gustou o que fixemos, se está serio porque non lle gustou moito ou está triste porque non lle gustou nada de nada. (Juanita vai chamando de un en un e teñen que tocar a cariña que prefiran. 3 tocan a cariña vermella e 12 a cariña amarela. As profes tamén elixen unha cariña, as dúas elixen a amarela. E Juanita tamén a amarela porque lle gusta moito vir a xogar con nós.)
(Xa se levantan pero aínda hai unha sorpresa máis. A profe María trae algo que estaba moi envolto. )Que será?
AR: unha pizarra
L: un mueble
M.A.: un cuadro
AD: unha ventana
(A profe dalle a volta e…é o cadro da imaxe que trouxo Juanita!!)
Quen pintaría este cadro?
Varios: Picasso!!
André: Podemos abrir a porta?
Que porta?
AN: A do coche
Ti pensas que se pode abrir?
AN: Sí
(Preguntámoslle á profe María se se poderá abrir e dinos…non sei…Non, que é un cadro!!
Todos se achegan perigosamente ao cadro para tentar abrir a porta e decidimos rematar a sesión dándolle as grazas e un grande aplauso a Juanita por vir xogar con nós.)


 




 

1 comentario:

  1. Noraboa á profe Marta e a todos os pequenos/as polas súas respostas! Foi unha sesión moi moi interesante na que foi unha ledicia escoitar todo aquelo que lles suxería o cadro aos cativos! Espero que "xoguemos a pensar" moito máis!
    Un bico!
    Asinado: PROFE MARÍA

    ResponderEliminar