Desde que FÉLIX nos falou dos números romanos, andamos a voltas con eles no cole. Hoxe aprendimos algún máis. E logo puxemos o ano no que estamos, 2012, como o escribirían na antiga ROMA: MMXII.
Os números romanos aparecen en moitos obxectos cotiás: reloxos, placas, paredes, xoias,... o reloxo da profe ten números romanos!! Adriana contounos que na parede da súa casa tamén hai un reloxo con números romanos. O reloxo do avó de Felipe tamén os ten. O que traía Yago no pulso e o que temos na parede da aula teñen "os números nosos". E o da profe Ana... non ten números!!
Quedamos en facer de detectives e investigar nas nosas casas e nos reloxos de todos os familiares e amigos, se hai algún número romano.
Se tedes curiosidade, podedes botar unha ollada a este enlace, onde hai un CONVERSOR DE NÚMEROS ROMANOS AOS "NOSOS NÚMEROS" E VICEVERSA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario