miércoles, 3 de octubre de 2012

XOGANDO COA AREA

O noso areeiro non tiña case area e cando xogábamos coas pas e os caldeiros botábamola moito en falta. Hoxe por fin chegou o camión con dous sacos cheos. Faltounos tempo para ir carrexala. A verdade é que traballamos un montón. A profe cansou antes que nós!! Aprendimos moitas cousiñas co conto dos sacos de area: a agardar que nos tocara (ai, a paciencia, que pronto se perde!), a encher máis ou menos o caldeiro e ver que canto máis cheo máis nos pesaba e ao contrario, a axudar ao máis pequeno que non chegaba á parte de arriba do saco (algún pensaba que o saco estaba cheo de peixes!)... Pasámolo realmente ben!!


 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario