jueves, 15 de marzo de 2012

SEMANA DA PRENSA

Esta semana está especialmente adicada ao traballo coa prensa na aula. Nós xa estamos afeitos a ollar LA VOZ DE GALICIA a diario e comentar algunha nova que nos chame a atención. Gústanos moito cando atopamos información sobre algún tema que estemos a investigar: Picasso, o Día de Rosalía, o Salón do Libro, o Día Internacional da Muller,... E ás veces mesmo saímos nós!! SAÍMOS NA PRENSA

Ademáis, todos os mércores traballamos a prensa coa profe Ana: os nomes dos xornais, as diferentes seccións, algunha nova de interese, ...

Hoxe falamos de que Félix, cando vai mercar a prensa en París, non atopa LA VOZ DE GALICIA, nin o FARO DE VIGO, nin o DIARIO DE AROUSA,... En Francia hai outros xornais, que teñen outros nomes diferentes dos nosos e están escritos en francés. E para que os coñezamos, Félix mandounos fotos dalgunhas portadas. E nós recortámolas e as pegamos atendendo ao seu nome.










1 comentario: