lunes, 12 de marzo de 2012

VISITA AO SALÓN DO LIBRO E AO ESTADIO DE PASARÓN

A nosa segunda saída en autobús do curso, esta vez un pouquiño máis lonxe que a anterior. Os mesmos nervios e as mesmas cariñas de emoción que a primeira vez. Subimos, acomodámonos e retratámonos. As mamás despídennos ao pé do autobús, con máis nervios que nós. Boa viaxe!!!















A viaxe sen contratempos, mirando a paisaxe, cantando, falando entre nós,...Ao chegar baixamos e xa nos estaba esperando ORBIL para darnos a benvida ao Salón do Libro.



Como podedes ver, grazas aos chalecos, brilamos coma estreliñas nas fotos!!!!

Logo tocaba contacontos e visita aos traballos que fixeron os coles. Entre eles a nosa escaleira!!








Ao saír repuxemos forzas antes de ir ao Estadio de Pasarón.


Recollimos todo e...collimos camiño do estadio. Alí puidemos ver os Trofeos do Pontevedra, os vestiarios, as diferentes equipacións e para rematar... xogamos como auténticos futbolistas. Que grande era o campo e nós que pequeniños!!









Hoxe pasámolo moi ben. Chegamos ao cole cansadiños pero contentos de compartir esta xornada diferente cos compañeiros do cole e demostrando ás nosas mamás como cada día somos un pouquichiño máis maiores.

1 comentario:

  1. ufff!q ben o pasou na escursión,encantalle q a leven en autobus,gcias profes,

    ResponderEliminar