martes, 20 de marzo de 2012

SAÍMOS NO DIARIO DE PONTEVEDRA

Cando visitamos o Estadio de Pasarón a semana pasada, unha fotógrafa do DIARIO DE PONTEVEDRA retratounos sentados nas gradas. A profe Ana conseguiu un exemplar e puidemos vernos. Buscamos na edición dixital pero non fomos quen de atoparnos. Se alguén o consegue, que mande o enlace porque aquí ten moi mala calidade!!

1 comentario: