martes, 20 de marzo de 2012

O SUSTO DE FÉLIX

Hai case dúas semanas Félix levou un susto moi grande. Xa sabedes que agora que está en París vive no Hotel Ritz e o outro día houbo un incendio no aparcadoiro e toda a Praza Vendôme encheuse de fume negro. Os bombeiros mandaron desaloxar a zona mentres controlaban o incendio. Nós, que xa coñecemos algún xornal francés, buscamos en internet a nova e atopamos un vídeo e fotos onde puidemos ver o que aconteceu. Afortunadamente non houbo feridos e todo quedou nun susto.

Este é o vídeo de LE FIGARO.



e aquí tedes as fotos de 20 MINUTES. A nós impresionáronnos moito!!

1 comentario:

  1. holaa!Uxia preguntábame o outro día onde staba o hotel Rich,dixenlle en Paris,Madrid pero ela decía onde staba en Ribadumia,xa me imaxinei q o vira no cole,chao!

    ResponderEliminar