martes, 20 de marzo de 2012

CADA MES... UN REFRÁN

Desde que voltamos das vacacións de Nadal, cando facemos o calendario, estamos a aprender un refrán que fai alusión ao mes no que estamos. O de XANEIRO foi: En xaneiro, abrigo, bufanda e sombreiro. O de FEBREIRO: En febreiro, sete capas e un sombreiro. E agora en MARZO: Marzo marzán, pola mañán cariña de rosa e pola tarde cara de can. Normalmente fan referencia ao tempo atmosférico que se supón que ten que acompañar ao mes correspondente. Pero no que levamos de ano o tempo anda tan tolo que ás veces o que di o refrán... !!





No hay comentarios:

Publicar un comentario