Xa sabemos unha palabriña nova en francés: VOITURE. Pouco a pouco imos ampliando o noso vocabulario nesta lingua.
E identificamos perfectamente os monumentos do noso pequeno París de papel. Algún preguntou: E o museo do Louvre onde está? E é que sabemos tanto que a maqueta se nos queda un pouco pobre!! Miramos as tendas e os seus nomes: BOULANGERIE, CONFISERIE, PATISSERIE. Buscamos o seu significado e agora xa sabemos onde vai FÉLIX mercar o pan e os croissants en París!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario