miércoles, 7 de marzo de 2012

O SEGREDO DE ORBIL

O vindeiro luns 12 de marzo imos ir de visita ao Salón do Libro de Pontevedra. Alí vainos recibir a súa mascota, un lobo azul que se chama ORBIL. Hoxe a profe contounos o segredo do seu nome: a ORBIL gústanlle tanto, tanto, tanto os libros que decidiu que o seu nome tiña que ser a palabra LIBRO ao revés. Logo xogamos a darlle a volta aos nosos nomes e saíron palabras moi curiosas que nos deron moita risa. A ver se adiviñades de quen son estes nomes dados a volta: AENETA, NOTNA, EPILEF, AJROB...

No hay comentarios:

Publicar un comentario