A receita deste venres resultou deliciosa. Algún ata repetiu!! Se queredes probar na casa, non tedes máis que pedirlles aos vosos pequenos cociñeiros que vos boten unha man. Seguro que o farán encantados. Mirade que sinxeliña é de facer, leva pouco tempo e está riquísima!!
Antes de nada e coma sempre que cociñamos e/ou merendamos, lavamos as mans e logo o primeiro paso: lavamos os amorodos.
Logo fomos cortándoos en anaquiños pequenos.
Despois só tivemos que mesturar o iogur cos amorodos xa cortados, engadir un pouquiño de azucre...
E a merendar!!! Bo proveito!!!
hola profe!Uxia chegou a casa e dixo q staba delicioso,sempre quere axudar a cociñar.chaoo!
ResponderEliminar