miércoles, 21 de marzo de 2012

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA






Hoxe día 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Coincidindo coa chegada da PRIMAVERA, puxemos na parede as letras desta nova estación que comeza ("que palabra máis longa, profe, case chega á porta!!").

Logo falamos de poesía, de que xa sabíamos algunha de ROSALÍA DE CASTRO e a profe amosounos un libro novo que se titula POEMAS CON PIRULETA. Iso da piruleta gustounos moito!! Parécenos que este libriño vainos dar moito xogo!! E logo limos un dos poemas que fala do tren e das estacións.




Ademáis, antes de marchar para casa a profe repartiu un pétalo onde teremos que escribir, axudados polas nosas familias, unha poesía ou uns versos que nos gusten dun poema. Con todos eses pétalos imos facer un xardín da poesía en Leiro entre todas as escolas do CRA para darlle a benvida á primavera con poemas de todo tipo. Cando o teñamos listo poñeremos unha foto do bonito que vai quedar!!








1 comentario:

  1. Nos puxemos un de Rosalía,levounos un pouco tempo pq Uxia facía as letras grandes,tiñamos q borrar e repetir,pero quedounos bonito,haber se che gusta profe.gcias por facer cousas tan divertidas

    ResponderEliminar