viernes, 9 de marzo de 2012

CROISSANT DE...



Hoxe, no obradoiro de cociña fixemos uns bocadillos moi especiais cunha receita que nos mandou Félix. Contounos que alá en París fan uns CROISSANTS riquísimos e que se lles metíamos dentro fiambre e os quentábamos, íannos quedar deliciosos. Grazas pola receita, Félix, estaban de chupar os dedos!!!

A parte técnica de abrir o CROISSANT para meterlle o fiambre custounos un pouco ao principio...


Logo metimos o fiambre...


Quentamos na "sandwicheira"...


Coidadiño non queimarse!!


Que boa pinta!!! A merendar!!!!



Os croissants non os fixemos no cole pero vimos un vídeo onde os fan de maneira moi sinxela. Se vos animades a facelos na casa, xa nos contaredes que ricos vos quedan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario