martes, 6 de marzo de 2012

QUE SERÁ?

Hoxe a profe díxonos que nos ía enseñar un cadro pero que o ía facer dunha maneira especial. Colleu un papel, tapou o cadro e só nos deixou ver isto:


Que será? preguntounos. E nós dixemos:

- unha flor
- unha árbore
- verde
- unha planta.


Logo deixounos ver un pouco máis:


 Que será? volveu preguntar. E nós dixemos:

- unha flor
- unha árbore
- un castelo

Vimos outro pouquiño:


E agora? A nós pareceunos:

- un triángulo
- unha flor
- un cacho de pelo.


Outro pouquiño... E nós dixemos:

- un sombreiro
- pelo
- un ollo!!


E agora? E nós dixemos:

- un sombreiro
- outro ollo pero un arriba e outro abaixo.


Que vos parece agora?

- unha muller cun sombreiro
- dous ollos e un nariz
- sangue
- non, non é sangue, é unha boca
- dous rombos


Un pouco máis e que vemos?

- ohhhh, azul!!
- unha muller cun sombreiro
- unha bruxa!!
- unha silla (onde? E sinala os rombos)


E finalmente vemos o cadro enteiro. Que era entón?

-unha muller cun sombreiro
- unha bruxa
- ten chuchas!!
- e unha camiseta azul
- está sentada nunha silla
- está vendo a tele.


Para rematar, unha última pregunta: Quen pensades que a pintou?

- PICASSO!!!! (todos a unha)


Logo falamos do CUBISMO, das obras que Picasso pintou a partir de liñas rectas e formas xeométricas. Seguiremos investigando nesta corrente que nos chamou moito a atención: ollos e orellas separadas, nariz dun lado, caras de triángulo... Xa vos contaremos!!


Así pintamos nós o cadro e debaixo tedes algunha das nosas versións. Que as disfrutedes!!












No hay comentarios:

Publicar un comentario